Xinzo de Limia

O CONCELLO INVITA AO MAGOSTO A TODOS OS VECIÑOS

O sábado 9 de novembro na praza de Oriente
IMG-20191105-WA0000

O Magosto organizado polo Concello de Xinzo comezará a súa celebración ás 18:00 polas rúas do casco vello coa actuación dos grupos  Os Galos D´ Antioquía, Lirolaio, Cantaralai e as Bruxas.

A partir dás 20:30 comezará a celebración cunha churrascada popular na que non faltarán as castañas asadas, costela e pacenta "adobada con foliada" ata que o corpo aguante.

Colaboran coa organización do Concello as empresas COREN, CABREIROÁ  e a DO. MONTERREI.