Concerto didáctico do conservatorio profesional de Xinzo de Limia

As funcións realizaranse para os colexios de primaria da comarca

Cartel concierto didáctico
Cartel concierto didáctico

O venres 27 de abril, o alumnado do conservatorio profesional de Xinzo de Limia presenta o concerto didáctico do presente curso no salón de actos da Casa de Cultura e Xuventude grazas á colaboración da Concellería de Deportes e Educación e ao CMUS.


Realizaranse dúas funcións para os colexios de primaria da comarca: a primeira, ás 11:00 h, e a segunda, ás 20:00 h A entrada é libre para todo aquel que desexe gozar do concerto.


Entre os colexios que gozarán o concerto están o C.E.I.P. Carlos Casares, o C.E.I.P. Rosalía de Castro, ambos pertencentes a Xinzo de Limia, o C.E.I.P. Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, o C.E.I.P. Sandiás, o C.E.I.P. Baltar e o C.E.I.P. Sarreaus.