Xinzo de Limia

Concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia

Este concerto terá lugar o Venres 15 de Xuño do 2018 ás 8 e será no salón de actos “Ángel Cocho”

PHOTO-2018-06-11-20-53-37
Cartel do concerto de Fin de curso

I.-  RAZÓN DE SER DO CONCERTO

 

                O final de curso está preto e no conservatorio de Xinzo de Limia, coma tódolos anos, festexámolo con música como non pode ser de outro xeito. Un concerto onde os nosos alumnos e alumnas mostrarán a súa adicación e talento. Os rapaces xa levan varias semanas preparando as súas actuacións con toda a súa ilusión, estudando e ensaiando horas extra, pero esta semana é a recta final, días intensos de remate de curso onde terán os ensaios xerais para que o vindeiro venres todo saia perfecto.

Os máis cativos de Música e Movemento (6 anos) e Iniciación musical (7 anos) darán a benvida iniciando o concerto acompañados por unha representación de todos os instrumentos musicais que se ensinan no centro.

No concerto que se vai ofrecer interpretaranse obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico ata o moderno, deixando representados tódolas especialidades instrumentais en diversas agrupacións como son, solistas, música de cámara, orquestra e coro. O alumnado interpretará obras variadas  de  Haendel, Bach, Beethoven, Bizet, Corelli, Soutullo, Jenkins, Gardel,…

Para rematar o concerto a orquestra de música do conservatorio será a encargada de por o broche final con unha selección de obras de diversos autores como Wagner ou Shostakovich.

Co fin de garantir a preparación do alumnado cara a súa interpretación en público, motivar e incentivar as diversas formacións musicais con vistas a preparar un repertorio sólido e variado e dar a coñecer as aptitudes musicais do alumnado; co esforzo e entusiasmo que depositaron os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia baixo preparouse o Concerto de fin de curso baixo a dirección dos profesores: Elena Domínguez Rodríguez, Mª José Rodríguez Carrera, Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Cristina Vázquez Canal e Alejandro Martínez Ares.

Este concerto terá lugar o Venres 15 de Xuño do 2018 ás 8 do serán no salón de actos “Ángel Cocho” da Casa de Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia.

Así mesmo, aproveitando a ocasión, farase entrega da orla Final de Grao, ós alumnos que no presente curso remataron satisfactoriamente o Grao Profesional.

 

Sen outro particular, saúdos cordiais.

Atentamente,

Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia