Xinzo de Limia

Contos de primavera en Xinzo de Limia

A obra, dirixida a nenos e nenas de 5 a 8 anos, será as 12:00

PHOTO-2018-05-21-17-46-28(1)
Contos de Primavera

Mañá día 23 de maio ás 12:00 h terá lugar a representación “As estacións en contos; contos de primavera” por Celtia Figueiras para escolares de cinco a oito anos dos colexios de Xinzo de Limia. A obra realizarase no auditorio da Casa de Cultura grazas á colaboración da Biblioteca Antelana e ao Concello de Xinzo de Limia.