Xinzo de Limia

“Os cornos son cousa de 3” en Xinzo de Limia

Máis de 35 persoas gozaron desta representación

IMG-6719
Os cornos son cousa de 3

O día 19 ás 17:30 da tarde asistimos á obra de teatro do grupo afeccionado “Tiruleque” coa súa obra “Os cornos son cousa de 3”. Máis de 35 persoas gozaron e riron a gargalladas con esta representación, que foi moi aplaudida.


A comedia está ambientada nunha contorna costumista de taberna de bar e os seus seareiros, Monifate e Capuccini. Ambos están namorados de Marcela, a muller que, xunto ao seu mariño Lolo, rexenta o bar. Manolo ou “Lolo”, o marido de Marcela, é un home de carácter moi forte e celoso da súa muller, que ten moitos pretendentes. A historia desenvólvese de forma divertida cun gran elenco de personaxes que, a través de diferentes situacións, e sempre co fío condutor de obter os favores de Marcela, acaban ridiculizados.

Animar aos limiáns e limianas a que asistan á próxima obra, que se representará o seguinte sábado ás 19:00 h.