Xinzo de Limia

Elvira Lama e Ramiro Rodríguez presentaron a programación do NADAL 19/20

Unha programación austera pola falta de orzamentos (Elvira Lama)

Instantánea - 483

Hoxe luns 16 de decembro a alcaldesa Elvira Lama acompañada do concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez fixeron a presentación do programa deste Nadal que a propia alcaldesa cualificou de “austeros” ante a falta de orzamentos, esperando que a vindeira programación, xa cuns orzamentos elaborados por este equipo de goberno sexan os adecuados para unha vila como a nosa. Será o Nadal deste equipo de goberno.

AGRADECEMENTOS AS DISTINTAS ASOCIACIÓNS  E COLECTIVOS

Primeiramente quixo a alcaldesa agradecer a colaboración de todas as entidades e asociacións así como escolas do Concello a colaboración prestada para levar a cabo este programa. Agradeceu especialmente a colaboración do comercio de Xinzo pola contribución na ornamentación con abetos alumeados facendo así que as rúas teñan un ambiente do nadal moito mais festivo.

A RECEPCIÓN AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE SERÁ NO PROPIO PAVILLÓN DE DEPORTES

                               Debido a que as predicións meteorolóxicas anuncian un nadal chuvioso de momento a chegada dos reis magos farase directamente no pavillón de deportes onde se instalará un ano mais Limialandia.

Esperamos que despois deste Nadal moi austero,  o Nadal 2020  programado con mais tempo e con outros orzamentos sexa un Nadal distinto e propio deste novo equipo de goberno.

TEATRO E MÚSICA

Aneis, o grupo teatral de Xinzo porá en escena varias obras en varios días comezando este mesmo martes , o mércores e rematando o día 3 de xaneiro.

O xoves 19 ás 20:30, a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo terá o seu festival de Nadal 2019.

O 20 venres será o alumnado do Conservatorio Profesional de Música o que ofreza ao público o seu tradicional Concerto de Nadal.

O 21 sábado os compoñentes da Escola de Música ESMULI ofrecera o concerto na Igrexa Nova a partir dás 20:00. O mesmo día e a mesma hora na Casa da Cultura será escola DANZÓN a que ofreza aos veciños  a súa Gala de Nadal 2019.

PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS

O 26 xoves farase a presentación do libro de relatos de Delfín Caseiro e Jose A. Jardón, A luz da choiva. Ao seguinte día venres 27 farase a presentación do libro escrito por Miro Cerredelo sobre o centenario do Antela. As dúas presentacións serán ás 20:00.

Toda esta programación será anunciada día a día na páxina do Concello e nas redes sociais do Concello para que toda a veciñanza estea informada.