Xinzo de Limia

A Igrexa Nova volveu a ser o auditorio de Xinzo

No Festival de Bandas Sta. Cecilia

Organizado pola Agrupación Musical da Limia AS Bandas de Música Municipal de Barbadás a de Castrelo-Cambados e a de Xinzo ofreceron o concerto do mes de novembro como homenaxe a patroa Sta. Icía.

Unha vez máis e tal como manifestou Elvira Lama, outra vez a Igrexa sirve de auditorio para grandes eventos. Esperamos que nesta lexislatura sexa unha realidade un novo auditorio para a nosa vila.

A alcaldesa fixo estas declaracións na entrega dos agasallos  aos directores de cada unha das bandas, as cales agradeceu a súa presenza na vila, e sobre todo nesta edición na que se está a colaborar e a dar visibilidade a asociación contra o cancro.

Todos os músicos e músicas da banda da ESMULI  de Xinzo, mostraron nos seus pulsos as pulseiras identificativas.