Chegou o seu fin a programación musical de outono da ESMULI

Coa intervención da bnada de Arcade e da Limia

Banda da Agrupación Musical da Limia
Banda da Agrupación Musical da Limia
Chegou o seu fin a programación musical de outono da ESMULI

O auditorio da Casa da Cultura, foi o escenario das actuacións levadas a cabo polas bandas de música de Arcade e Xinzo.

Para rematar a programación musical de outono  levada a cabo pola  Agrupación Musical da Limia o sábado pola noite subiron ao escenario a banda de música Artística de Arcade que fixo as ledicias do público asistente coa interpretación de varias pezas, algunha delas do folclore mexicano.

cats

 

O director da banda de Arcade,que segundo manifestou posteriormente  Tielas, considérase de Xinzo, recibiu varios agasallos, por parte dos representantes do Concello e o Presidente da banda de Xinzo, así como dos propios compoñentes  da banda xuvenil da Limia, que agradeceu moi emocionado o director da banda visitante.

Tocoulle pechar o os concertos a banda da ESMULI, interpretando entre outras pezas a alborada de Veiga.

Como de costume o director da banda de Xinzo,  interviú para agradecer a presenza de todo o público, así como do Concello de Xinzo pola súa colaboración contínua e do Presidente da Agrupación.

bandas1