Xinzo de Limia

Reunión en Santiago para tratar con expertos da Xunta o tema do Escudo e a Bandeira de Xinzo

Asistiu xunto co concelleiro Carlos Gómez  o historiador local Edelmiro Martínez (Miro)

22222

Esta maña Carlos Gomez, Concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia, mantivo unha reunión en Santiago de Compostela con Eduardo Pardo Guevara, presidente do Consello Superior de Investigación Cientificas de Galicia, CSIC, e Presidente do Centro de Estudos Padre Sarmiento, ademais de outros membros da Comisión de Heraldica da Xunta de Galicia para evaluar a proposta e revisión do Escudo, e deseño da Bandeira Municipal do Concello de Xinzo de Limia. 

No transcurso da reunión abordáronse diversas posibilidades que encaixaran coa proposta da Corporación Municipal e acordouse finalmente que os Membros da Comisión Heráldica se desplazaran a Xinzo no vindeiro mes de septembro para explicar os grupos politicos municipais, nunha Comisión Informativa de Cultura,

os criterios que rexen o deseño da Bandeira e outros aspectos técnicos e estéticos para emitir un informe favorable que poda contar co respaldo unánime das forzas politicas e coa que podan sentirse identificados os veciños e veciñas do Municipio. 

A esta xuntanza, o Concelleiro de Cultura tamén convidou o historiador local Edelmiro Martinez Cerredelo, que fora Tte. Alcalde na lexislatura do 1979 co Alcalde D. Jose Rodriguez, ano en que se propuxo por parte da Corporación Municipal, e se aprobou por Real Decreto de 9 de marzo do mesmo ano, o deseño do actual escudo municipal.