Xinzo de Limia

Tarde/noite de diversión no Samaín

Xogos, talleres e premios para case todos ao longo da tarde

A Concellería de Cultura un ano máis foi a responsable da organización do Samaín, neste caso con moitas dúbidas polos pronósticos de chuvia pero quedando unha tarde noite cunha temperatura mási que agradable para disfrutar de todo o que estaba programado.

A praza Maior de Xinzo foise enchendo de rapaces, nenos e pais que participaron activamente en todo o programado dende primeiras horas da tarde ata ben entrada a noite.

Primeiro foron os talleres de cabazas e de postais e despois as lambetadas de “medo” . Non faltaron as adiviñanzas que tiveron tamén os seus premios.

Non faltou por suposto a chocolatada, e despois unha exhibición de baile de rapaces a cargo de dúas escolas da vila.

O Concello quere agradecer a todas aquelas entidades que colaboraron para que a festa resultara un éxito, a os establecementos de hostalería  O Patio, Dolmen, Encontro e 5 rutas así como as escolas de baile Danzón e Fusión Fitness e ás ANPAS dos CEIP de Xinzo.

IMG_20191031_200905IMG_20191031_200857IMG_20191031_200113IMG_20191031_195940

Instantánea - 458Instantánea - 459Instantánea - 460Instantánea - 462Instantánea - 463Instantánea - 465Instantánea - 465Instantánea - 451Instantánea - 453Instantánea - 454Instantánea - 456Instantánea - 457