Xinzo de Limia

Valoración das festas de Sta. Mariña por parte do cencelleiro responsable dás mesmas

Resaltamos o esforzo que se tivo que facer para que foran unhas festas variadas

.facebook_1532364842783
Actuación grupo NEBRASKA

Carlos Gómez, Concelleiro de Cultura e festexos destaca ademáis que houbo cousas para todas as idades e en todas as partes do pobo

 

Tras unha semana chea de actividades para todas as idades, verbenas, pasarrúas e festa, remataron as Festas de Santa Mariña 2018. A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo resalta o esforzo que fixeron para que fosen variadas e con actividades para todas as idades e gustos, así como por toda a Vila, repartindo animación en barrios e zonas distintas das que xa se celebran outras tan importantes como é o noso Entroido.

Tamén queren agradecer a todas as persoas que traballaron para que fosen posibles, por o seu esforzo e colaboración.

334No eido da música, agradecer os membros e socios da Escola Agrupación Musical da Limia e a José Luís Tielas Santiago, pola gran festa popular no parque do Polígono, e  a Coral de Santa Mariña por solemnizar as celebracións da Patrona. Tamén Escola de Gaitas do Concello polo éxito da organización do IV Festival Internacional de Bandas de Gaitas, tanto os alumnos e colaboradores, a Fernando Dopico Blanco e a Xoán Antón Losada Soto polo inxente traballo, así como aos compoñentes do Coro Aimil.

Finalmente agradecer a David Villarino Olmos e Daniel Fariñas polo concertazo de Kepa Junkera e Sorgfinak e a Marta Enriquez Diaz e os que participaron no concerto, que foi un gran éxito con unha estupenda acollida.

No eido político e veciñal quere agradecer os compañeiros do Grupo de Goberno, das Concellerías de Deportes Luis Miguel Gil Penín, o Concelleiro de Urbanismo Ricardo Sieiro e a Concelleria de Medioambiente a M. Cabas. Tamén aos traballadores Municipais tanto da Policia, Brigadas coma Protección Civil. E como non, os traballadores da Consellería de Cultura Alfonso e Alberto por estar ao pé do cañón, e a Julio e J. Antonio por o seu traballo como colaboradores voluntarios que fixeron a importante e ingrata tarefa de pedir a aportación dos veciños e negocios, repartiron os cartaces... ademáis de outros comentidos que contribuiron a facer estas grandes festas.