Xinzo de Limia

Volve a Xinzo o FAX

IMG_6564

No día de hoxe, 12 de xullo fíxose a presentación na súa segunda edición do festival FAX, despois de estar parado varios anos e que se celebrará  o 28 de deste mes, no Parque do Toural

Estiveron presentes o alcalde de Xinzo e os concelleiros de Cultura, Obras i Educación,ademais dunha representación de Limisi, asociación para que ao igual que na edición pasada irá a parar 0 30% da recadación das entradas.

O lugar, segundo Freiría, o responsable da organización,  non pode ter un sitio mellor, reunindo todas as características e comodidades, tanto de montaxe como de desenrolo do mesmo para que tanto músicos cimo público asistente disfruten das actuacións.

Volve a ser cunha visión solidaria co 30% da recadación neta para Limisi. Cos cartos acadados na edición do 2017 axudouse a comprar unha furgoneta.

Este ano outra neceisidade coa que tratarán de axudar será  para o gabinete educativo para os mais pequenos.

PROGRAMACIÓN

As 20:00 será a apertura de portas, namentres polas rúas de Xinzo haberá animación musical a polas  rúas a cargo do  co coro Aimil Folk e os da Lagoa antes de que comecen as actuacións.

O prezo será de 10€   venda anticipada e despois 14 na billeteira. A venta on line pódese facer no portal a billeteira ou directamente nos locais de Limisi.

 

A banda  ourensán  GUEZOS con 11 anos de traxectoria , moi apreciada na Limia  serán os que levanten o telón das actuación para a continuación achegarse ao escenario do FAX 2018 o prato forte de este ano, os madrileños LOS CORONAS.

Este grupo de música surf, ven de actuará por todo EE.UU e recalarán aquí arredor das 11 da noite.

Rematan con CHOTOCOEU unha  banda da Coruña tamén cunha longa traxectoria dende o 2017. Esta será a única actuación en Galicia.

Sobre as dúas da maña estará rematado o festival, que contará con postos de comida e bebidas para que todos aqueles maiores e pequenos queiran asistir, poidan gozar da música.

faxUnha novidade deste ano é que os rapaces e rapazas de 0 a 12 anos, non pagarán entrada. Loxicamente teñen que vir acompañados dun maior e coa autorización asinada que se pode descargar da páxina ou ven na billeteira.Tamén haberá postos de artesanía.

 Haberá, comida e bebidas nas barras. Haberá temen postos de artesanía.

Os organizadores e o concello pensan que este será un ano decisivo para o futuro deste festival . Todos están apostando para que así sexa.

O presuposto global do festival rondará os 25.000 €

Traballo meticuloso e estrito

Por último tomou a palabra o concelleiro de Cultura Carlos Gomez, para facer constar que o Concello colabora coa organización porque esta é meticulosa e estrita en todos os seus plantexamentos, sen en ningún momento “botar as campas ao aire” e ir pouco a pouco no traballo de cada ano. Tamén fixo fincapé nas verbas de Freiría en que o 90€ do persoal que se necesita para a montaxe e realización son da Limia.

Cómo remate do acto Freiría manifestou a súa ledicia pola participación, neste momento de 22 empresa da Limia.