II Jornada de carreras no hipódromo de Xinzo de Limia

Celebrarase o día 17, Día das Letras Galegas

21.03.16.SANDIAS.HIPODROMO DE ANTELA CARREIRAS DE CABALOS.
21.03.16.SANDIAS.HIPODROMO DE ANTELA CARREIRAS DE CABALOS.

Hipódromo de Antela en Xinzo de Limia
DIA DÁS LETRAS GALEGAS



A segunda Xornada de Carreiras da tempada 2018 no Hipódromo de Antela, que se celebrará o 17 de maio, está dedicada ao “Día dás Letras Galegas” como xa é tradición no  Hipódromo multicultural, cunha especial mención a Vitoria Moreno Márquez máis coñecida como Peregrina Pérez .En 2018 será a figura protagonista do Día dás Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia da celebración.


A disputa do III GRAN PREMIO DIA DÁS LETRAS GALEGAS comeza coa carreira internacional de Trote ás 11 h na que RAMSEY DU HAM (FR) parte como favorito cunha recadación superior aos 600,000 euros. A seguinte carreira de Trote será ás 14:20 h coa disputa do Premio “Vitoria Moreno Marquez” na que, a priori, parte de favorito QUASSIA DU BON AIR (FR) da cuadra J.Alvarez Expósito.


Para os cabalos de Pura Raza Árabe teremos ás 11:40 h a primeira das carreira de Galope coa disputa do premio “Lagoa de Antela” nunha distancia de 1000 m. Parten como favoritos Pawik o Marwan da Cuadra Fermosas Arabian e móntaa de Yago Atanes.


Ás 13:20 será a quenda para o GRAN PREMIO DIA DÁS LETRAS GALEGAS para cabalos Árabes. Moi difícil o prognostico: catro extraordinarios cabalos estarán en liza e calquera deles pode ser o ganador. Todos teñen un magnifico palmares en Galicia. Pelayo, Kefren, Sal Alem, J. L. Cardali unha incógnita que só se pode resolver na pista de area de Antela e aí terás que estar a tú , para ver o desenlace.

No que se refire Puro Sangue Ingles disputásese a primeira carreira ás 12:20 h coa disputa do premio “VALDEMUNDE TEAM” no que NEW FOL parte como favorito, pero estará moi esixido sen dúbida por Paraiso Canarias, Melinda e Artemisa.


A segunda carreira de PSI será ás 12:40 h co GRAN PREMIO DÁS LETRAS GALEGAS para PSI. O favorito para esta proba é BARBE A BOX que xa resulto vencedor en ultima xornada. A Cañiza e Odds On sen dúbida poñeranllo difícil e a Granxa estrea pista en Antela.

Unha Xornada densa de puro estilo arraiano que ademais contase coa exhibición de Cabalos de Pura Raza Galega a cargo da Asociación Cabalo Galego. Intercalados entre carreira e carreira a partir da 12:40 h.

Ao concluír a Xornada de carreiras sorteásese entre os asistentes un magnifico Xamón de Bodega dá Serra de Larouco, con sabor e aroma galego.