Xinzo de Limia

VISITA ÁS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA PISCINA CLIMATIZADA

 A partir de mañá ás 06:30, hora da súa apertura, os usuarios atoparanse unhas instalacións renovadas en tempo “recor” e eles mesmos xulgaran se están ou non a altura
Piscina definitiva
Piscina definitiva

A última hora da tarde do luns a alcaldesa Elvira Lama, acompañada do Concelleiro de Deportes Rafa Penabad e do de Saúde Alberto Martínez visitaron as instalacións renovadas e “adecentadas” da piscina climatizada, a poucas horas da súa re-apertura.

Elvira Lama, despois do recorrido, satisfeita, pero non como ela quixera manifestou que isto foi un lavado de cara, que  falta lle facía unha instalación con 20 anos e que pensamos que poucas veces lla lavarían. Isto que se fixo agora, había que facelo todos os anos.

Actuouse na entrada, nos exteriores, no vaso da piscina , nos vestiarios e na zona de ximnasio. Esperamos que mañá a mañá os usuarios habituais e os novos que se poidan achegar, noten os feitos, non as promesas, deste novo equipo de goberno, que en poucos días e en pleno mes de agosto, grazas a colaboración do persoal de brigadas e das empresas contratadas, que case sen tempo físico, sacaron adiante un traballo que sorprenderá, non nos cabe  a menor dúbida  a todos.

Esperamos que tendo unhas instalacións minimamente dignas, non como nos pretenderíamos, pero as circunstancias son as que son, dicía cunhas instalacións minimamente dignas volten a gozar delas.

CASE UN MILAGRE

 Piscina 2

A partir de mañá ás 06:30, hora da súa apertura, os usuarios atoparanse unhas instalacións renovadas en tempo “recor” e eles mesmos xulgaran se están ou non a altura, que é de esperar dun Concello como o noso. De momento creemos que están con un mínimo de aspecto, de hixiene e salubridade, que ata fai escasos 30 días non tiñan.

O traballo de remodelación vai a continuar ao longo desta semana coa limpeza exterior, tanto do edificio en si, como dos ao redores.

PINTURA TOTAL DA INSTALACIÓN E CAMBIO DE IMAXE

MONTAJE PISCINASO Concelleiro de Deportes relatou, ao finalizar a visita, todos os traballos que se fixeron. O primeiro foi o pintado integral do edificio, paredes, portas, bancos, etc. Adecentáronse as portas da piscina e vestiarios, así como todas as máquinas que o permitían. Fíxose unha posta a punto das máquinas do ximnasio e estase a preparar un presuposto, para no vindeiro exercicio, comprar algunhas para ir repoñendo as máis vellas. Mellorouse a iluminación con “leds”, nos vestiarios, na entrada e no soportal , onde se quitaron precisamente, os plafóns da inauguración, que loxicamente solo tiñan os parafusos.

NOVOS LOGOTIPOS

Aproveitamos tamén para escoller un novo logotipo tanto para a Concellería de Deportes, como para a propia piscina e fóronse colocando vinilos informativos e de decoración coas novas imaxes que xa deixara o goberno anterior.