A Conselleira visitou o polígono acompañada do alcalde e membros da corporación de Xinzo para anunciar o comezo da súa ampliación

As obras de ampliación comezarán no 2019 cunha inversión de máis de 3,3 millóns de euros

a foto una
a foto una
A Conselleira visitou o polígono acompañada do alcalde e membros da corporación de Xinzo para anunciar o comezo da súa ampliación

Publícase hoxe no DOG o comezo das expropiacións de terreos ata os 120.000 metros cuadrados

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza hoxe un novo paso na tramitación necesaria para a ampliación do Polígono Empresarial de Xinzo de Limia, co inicio do proceso de expropiación dos terreos que permitirán executar o que se denominará Polígono 2.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantou esta mañá, durante unha visita ao Polígono Empresarial, que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio da expropiación, que estará a disposición pública durante un mes. Indicou que con esta ampliación disporanse de case 120.000 m2, dos que máis dun 70% -case 86.000 m2-, serán a superficie bruta destinados ás 23 novas parcelas de uso industrial e comercial.

181128 XinzodeLimia 2

Ángeles Vázquez indicou que o Goberno galego ten un obxectivo claro: acometer a ampliación deste polígono

empresarial; polo que -unha vez que se adquiran os terreos- se redactará o proxecto de urbanización e a contratación das obras. Así, a previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo é iniciar os traballos de urbanización dos terreos no vindeiro ano. Esta actuación implica un investimento de máis de 3,3 millóns de euros.

Salientou a necesidade desta actuación, dado que na actualidade Xinzo de Limia non dispón de solo empresarial, xa que está “totalmente adxudicado” en boa medida grazas aos incentivos postos en marcha pola Xunta de Galicia. Aclarou que un total de 40 empresas radican neste parque empresarial, situado nas proximidades da autovía A-52, unha zona estratéxica e atractiva para as empresas.

A conselleira destacou que ao longo 2019 manteranse as bonificacións, e o impulso e promoción de novos parques empresariais onde se constate demanda, xa que as cifras recollidas ao longo destes anos, son unha mostra do éxito da política de bonificación activada pola Xunta. Desde 2015 establecéronse axudas de ata un 50% no prezo do solo, polo que este incentivos permitiron adxudicar preto de 1,3 millóns de m2 de solo en toda Galicia, que supoñen máis do 45% da superficie dispoñible para venda en 2015. É dicir, nestes tres anos as bonificacións totais suman máis de 39 millóns de euros e permitiron a instalacións de 270 empresas en polígonos empresariais de toda Galicia.