Xinzo de Limia

‘APUNTÁMONOS A NON BEBER’

Esta actividade desenrolouse hoxe no IES Cidade de Antioquia coa presenza da delegada territorial da Xunta e o alcalde Manuel Cabas e o concelleiro de Educación Luis M. Gil

130319 actividade Sanidade alcol
130319 actividade Sanidade alcol

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, Laura López del Castillo,  acudiu hoxe ao IES Cidade de Antioquía, no que se está  a desenvolver o programa “Apuntámonos a non beber” que forma parte das actividades de promoción da saúde que promove a Consellería de Sanidade  e  que se oferta aos centros educativos para a prevención de trastornos aditivos entre os escolares.

Díaz Mouteira estivo tamén acompañada do alcalde Manuel Cabas  e na súa intervención  sensibilizou ao alumnado que participou na actividade, concretamente 50 rapaces de 1º de ESO, sobre os perigos de determinados hábitos con efectos negativos para a saúde, especialmente no referente ao consumo de alcol e advertiulles dos graves danos sanitarios, psicolóxicos e de relación, así como riscos de exclusión social que comporta o consumo de alcol nas idades temperás.

A actividade estrutúrase en dúas partes: unha xornada de formación inicial que correspondería coa fase de investigación e a fase de elaboración da campaña, realización dun traballo e a súa entrega e exposición.

Atrasar o inicio do consumo

130319 Actividade alcol na escola

Co seu desenvolvemento búscase atrasar a idade de inicio do consumo de alcol na adolescencia, potenciar as habilidades para saber dicir ‘NON’  ante as presións grupais, reforzar as acción preventivas sobre alcol realizadas previamente na aula e, por último, potenciar o traballo en grupo na realización das actividades para favorecer a introdución das mensaxes de hábitos saudables.

A delegada territorial lembrou que as altas taxas de consumo de alcohol constitúen un problema sanitario de primeira magnitude na sociedade actual, con importantes causas e derivacións de orde psicolóxico e social que afectan a toda a comunidade. Ademais, engadiu que o problema toma unha especial gravidade cando se fala de consumo na mocidade, porque incrementa notablemente as posibilidades de adicción.

Segundo a última enquisa sobre el uso de drogas en Ensinanzas Secundarias (ESTUDES) referida ao curso escolar 2017/2018, o alcol é, con diferencia , a substancia psicoactiva máis  extendida entre os estudantes de 14 a 18 anos en España. O 76,9 % recoñece ter consumido bebidas alcólicas nalgunha ocasión na súa vida. Os datos reflicten que, por termo medio, os mozos comezan a bebel alcol aos 14 anos, tardando un ano en converter en semanal  este consumo.

Esta actividade enmárcase nas accións didácticas orientadas á promoción da saúde que Sanidade desenvolve nos centros escolares da provincia a través, fundamentalmente, de catro programas: “Coidando a miña boca”, “Clases sen fume”, “Aliméntate ben” e “Apuntámonos a non beber”.

 

Plan Proxecta

Este programa desenvólvese en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ao abeiro do Plan Proxecta que é unha iniciativa do departamento educativo da Comunidade, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través do traballo por proxectos vinculados a áreas como a saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía ou a convivencia, entre outros moitos