Xinzo de Limia

Clausurado o II Curso de Iniciación á Dirección de Banda de Música

Único curso que está homologado por unha universidade en toda España

foto clausura
Clausura curso 18/19

Na mañá de onte,  domingo,  coa presenza do concelleiro de Cultura Carlos Gómez e Elvira Lama , portavoz do PSOE no concello ademais de Jaime Collazo, presidente da Agrupación Musical da Limia, organizadora do curso finalizaron as 70 horas prácticas de que constaba o mesmo en 5 fins de semana. No curso levado a cabo este ano participaron 16 alumnos do ano pasado que este ano estaban no segundo ano e 11 que o fixeron no primeiro. En total 27 alumnos/directores non só de Galicia, se non de España e Portugal. O ano que vén só pódense ofrecer 6 prazas. Tres foron os profesores que viñeron do estranxeiro, Yan Cover O profesorado estivo coordinado por José Luis Tielas, director da agrupación tendo como relatores españois a Francisco J. Andreo; José A. Cantal e Javier Viceiro. Como mestres estranxeiros Douglas Bostok; Jan Cober e Andrea Loss, que lle toco pechar o curso práctico. Andrea Loss manifestou que este curso que se leva a cabo en Xinzo non só ten unha pequena diferenza, é unha gran diferenza, en Xinzo tedes a un fenómeno que se chama Tielas, non é algo pequeno, conseguiu algo en Xinzo que o fai único en España. É o único curso que está homologado por unha universidade, é o único caso en España, os demais son avalados por conservatorios, pero o de Xinzo é o único avalado por unha universidade,  e iso é un feito diferencial moi importante. Isto vai ser algo moi grande que vai crecer cos anos. Concluíu afirmando que Galicia colleu e mirouse en Valencia, que é o berce das bandas, pero Galicia nalgúns aspectos está a melloralo, está a facelo mellor.

José Luis Tielas, ademais de agradecer a presenza das autoridades, así como a súa colaboración manifestou que se está crecendo moito. Cada vez hai máis mulleres. Este ano comezaron 3 no de iniciación, procedentes de Viveiro, Madrid e Xinzo. A práctica final realizarase en Tenorio, por temas de Entroido. Necesitamos máis difusión. A música ten unha vertente popular, pero tamén unha pedagóxica, que é a que nos dá prestixio. Grazas a esta vertente pedagóxica o nome de Xinzo, non só púxose no mapa de España, se non no Mundial. Tamén grazas a esta versión, todos os alumnos da escola están a recibir unha formación, que, se non fóra polo mesmo, xamais a poderían recibir. É o momento que Xinzo cambie de mentalidade asumindo que a banda, non é só popular musicalmente se non pedagóxicamente. O traballo non é só para profesores. Todo o alumnado que participa nas clases prácticas do curso de directores empápanse de toda esa sabedoría. Só esta fin de semana os alumnos da escola recibiron máis de 17 horas de formación, totalmente gratuíta, que sen o curso sería imposible. A nivel de infraestrutura, o que lle pedimos a todos os representantes políticos é un auditorio. Xinzo, xa necesita un auditorio para todas as actividades culturais que os diferentes grupos estamos a realizar na vila. O ano pasado o concerto final tivémolo que levar a Verín e este ano teremos que ir a Celanova.

RECOLLERON O RETO

Os dous representantes políticos de goberno e oposición Carlos Gómez e Elvira Lama, recolleron o reto presentado polos responsables da agrupación e ofreceron todos os seus esforzos, desde as distintas administracións supramunicipais nas cales están,  para reclamar que na nova lexislatura, o seu empeño estea na dirección de conseguir a medio prazo o auditorio solicitado.