Xinzo de Limia

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

CONCERTO DIDÁCTICO

Día 12 de abril ás 11:00 para escolares e ás 20:00 para público en xeral

Cartel anunciador

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, un ano máis, organiza un Concerto Didáctico dirixido ós nenos da comarca, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenrolamos no Conservatorio e a oferta educativa que se lles ofrece, para poder comezar nas súas vidas os sendeiros da música.

                Este Concerto Didáctico terá lugar o 12 de Abril no Salón de Actos da Casa da Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia en dúas funcións.

O pase matutino comezará ás 11:00 h. e asistirán exclusivamente alumnado de colexios da comarca:  C.E.I.P. Carlos Casares (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), C.E.I.P. de Sandiás, C.E.I.P. de Baltar e C.E.I.P. de Sarreaus.

O pase de serán comezará ás 20:00 h. e será de entrada de valde para todo aquel que desexe compartir con nos esta divertida velada.

2.- Programa do Concerto Didáctico

                O concerto didáctico que se vai ofrecer nesta ocasión é unha representación teatral-musical no que os Superheroes serán os protagonistas. Serán os encargados de solventar xunto cos nosos alumnos unha crise musical a nivel mundial que está a eliminar os sons do noso planeta. Como parte da historia soarán obras de diversos estilos musicais que abranguen dende o estilo clásico ata o moderno. Utilizando os diversos instrumentos que impartimos no noso centro o alumnado do conservatorio interpretará obras de Brahms, Verdi, Holst, Joplin, Radiohead, Guns & Roses, bandas sonoras de series e películas, música popular… E no remate do concertó, a orquestra do conservatorio será a encargada de por o broche final coas bandas sonoras de “Os Incríbles” , “Batman”,  “X-Men” e “Os Vengadores”.