Xinzo de Limia

CONCERTO DE FIN DE CURSO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

Venres 14 ás 20:00 o auditorio da Casa da Cultura

62013690_2391868857523192_2710907121565696000_o
62013690_2391868857523192_2710907121565696000_o

O final de curso está preto e no conservatorio de Xinzo de Limia, coma tódolos anos, festexámolo con música

Un concerto onde os nosos alumnos e alumnas mostrarán a súa adicación e talento. Os rapaces xa levan varias semanas preparando as súas actuacións con toda a súa ilusión, estudando e ensaiando horas extra, pero esta semana é a recta final, días intensos de remate de curso onde terán os ensaios xerais para que o vindeiro venres todo saia perfecto.

62013690_2391868857523192_2710907121565696000_o

Os máis cativos de Música e Movemento (6 anos) e Iniciación musical (7 anos) darán a benvida iniciando o concerto.

No concerto que se vai ofrecer interpretaranse obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico ata o moderno, deixando representados tódolas especialidades instrumentais en diversas agrupacións como son, solistas, música de cámara, orquestra e coro. O alumnado interpretará obras variadas  de Cathrine, Piazzola, Kenny G, Chaminade, Chopin, Yradier,  Bazhilin…

Para rematar o concerto a orquestra de música do conservatorio será a encargada de por o broche final con unha selección de obras de diversos autores como Pasek, Zimmer e Menken entre outros, acompañada do coro e dos alumnos mais cativos.

Co fin de garantir a preparación do alumnado cara a súa interpretación en público, motivar e incentivar as diversas formacións musicais con vistas a preparar un repertorio sólido e variado e dar a coñecer as aptitudes musicais do alumnado; co esforzo e entusiasmo que depositaron os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia baixo preparouse o Concerto de fin de curso baixo a dirección dos profesores: Elena Domínguez Rodríguez, Mª José Rodríguez Carrera, Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Cristina Vázquez Canal e Alejandro Martínez Ares.

Este concerto terá lugar o Venres 14 de Xuño do 2019 ás 8 do serán no salón de actos “Ángel Cocho” da Casa de Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia.

Así mesmo, aproveitando a ocasión, farase entrega da orla Final de Grao, ós alumnos que no presente curso remataron satisfactoriamente o Grao Profesional.