Xinzo de Limia

O curso 2019/20 comeza coa posta en marcha da "aula de madrugadores"

Ubicarase no CEIP Rosalía de Castro

Elvira Lama , na comparecencia desta mañá estivo acompañada do concelleiro de Deportes Rafa Penabad, para analizar o comezo do novo curso escolar, tanto dende ámbito  escolar como dende o deportivo.

Na mañá de hoxe reuníronse os Consellos Escolares dós CEIP. Rosalía de Castro e Carlos Casares, nos que aproveitaron para presentarlle aos membros da comunidade educativa os representantes do novo grupo de goberno en cada un deles. Nas dúas reunións ofreceuse a colaboración total do Concello.

IMPLANTACIÓN DA AULA DE MADURGADORES

Este ano levarase a cabo a implantación  da denominada AULA DE MADRUGADORES, amplamente solicitada dende fai anos polas ANPAS respectivas dos centros.

A aula estará fisicamente no CEIP Rosalía de Castro e funcionará dende as 07:30 ata as 09:15.

O transporte do alumnado do outro centro levarase a cabo  en tempo e forma.

Os prezos para este primeiro ano serán os seguintes:

SOCIOS DAS ANPAS:

1º Neno/nena… 55 €/ Mes

2º irmán………. 40 €/mes

1 Bono para 10 días a repartir ao longo do ano 35 €

Para os non socios os prezos serán de 70 €, no primeiro caso, 60 e 45 respectivamente.

APORTACIÓN DO CONCELLO

O Concello este primeiro ano, no que segundo indican haberá unha afluencia de 15 alumnos  será de 2.000 € a repartir entre as ANPAS dos dous centros. “Creemos que este nº de alumnos irá aumentando ao longo , non solo deste ano, se non dos vindeiros.

ALUMNADO QUE COMEZA MAÑÁ O CURSO DE INFANTÍL E PRIMARIA

Os dous centros  contan cunha matrícula de 779 alumnos, dos que 241 corresponden ao período de Infantil e  538 a E. Primaria.

Por centros No Rosalía de Castro son 396 en total con 115 E.I. e 281 E.P.. No centro Carlos Casares 383 alumnos; 126 de E.I e 257 E.P.

Pasou logo a presentar as actividades Extraescolares que se realizarán coa colaboración da concellería de deportes.

Na rolda de prensa estivo presente o concelleiro de Deportes Rafa Penabad, para anunciar que se porán en marcha as  actividades deportivas  tanto para pequenos, xuvenís e persoas  maiores, en colaboración cos clubs e equipos do concello.

Están programadas xa as de  Cachibol, ximnasia de mantemento, natación, aerobic, pilates,  acuayim  etc.

Os horarios estarán expostos  nos propios lugares de celebración, Pavillón de deportes ou piscina climatizada.

No tocante a todos aqueles  que están facendo deporte en algún dos club Limiactiva, AB. Xinzo ou tenis, informamos que se poñan en contacto co propio club para saber os horarios de adestramento.

INSCRIPCIÓNS A PARTIR DO DÍA 16

Para todos aqueles que queiran participar en algunha das actividades deportivas programadas,  a inscrición comezará o próximo 16 no pavillón de deportes,  onde estarán os técnicos do concello en horario de mañá e de tarde.

CREACIÓN DUN CLUB DE NATACIÓN

IMG-20190910-WA0007Elvira Lama, anunciou a creación dun club de natación, que participará en todas as competicións organizadas dende a federación, así como poderá traer a Xinzo algún campionato a piscina, recentemente reformada e axeitada.

LIGA DE VETERANOS DE FUTBOL SALA E FUTBOL SETE

Dende a propia concellería de deportes organizarase unha liga de veteranos de fútbol sala e fútbol sete.

Así mesmo dende o club E.D. Xinzo faranse actividades de ximnasia rítmica, Exhibición e competición , Educación física de base así como trampolín, este último para os nados antes do 2013, e  fútbol sala tamén no 2013 e 2014.

A distribución horaria dos adestramentos  vai a depender dos horarios das distintas modalidades e idades da disciplina de ximnasia rítmica.

Elvira Lama rematou a súa intervención na rolda de prensa, pondo os servicios do concello a disposición dos equipos directivos dos centros así como das ANPAS para lograr que este curso que agora comeza este libre de atrancos e que se mida solo polos éxitos  acadados polo alumnado.

Elvira Lama, pediu disculpas pola non presencia do concelleiro de Educación Alberto Martínez por motivos de traballo, pero estivo durante estas semanas pendente do comezo e do traballo feito polas brigadas do Concello.