Xinzo de Limia

Entrega de diplomas aos participantes da master class de trompeta

Foi impartido polo músico Esteban Batallán

Na tarde do venres, nos locais da Asociación Musical da Limia fóronlle entregados os diplomas de participación coa cualificación de aproveitamento os diplomas a 11 alumnos e alumnas da escola na especialidade de trompeta pola asistencia o curso intensivo impartido polo excepcional trompetista    natural de Barro (Pontevedra) aínda que facía solo 2 días que se baixou do avión que o trouxo dunha xira coa Hong Kong Philharmonic , da cal é trompetista principal por oposición.
IMG_20190222_173224IMG_20190222_174851

Unha vez máis o director da escola agradeceu a presenza do alcalde e concelleiro de cultura no acto de entrega. Nas verbas ao final do curso felicitou aos alumnos por contar a súa idade, dende os 8 aos 15 anos coa posibilidade de asistir a curso maxistral impartido polo que non dubidou en dicilo “un dos mellores trompetistas do mundo”, que volveu a repetir, estas oportunidades antes non se tiñan, pero non dubida en manifestar que este é o camiño que ten que seguir a escola.