Xinzo de Limia

Novas charlas sobre drogas e alcohol na seguridade vial no IES Cidade de Antioquía

“Hai dias que os positivos en drogas superan os positivos en alcohol”

IMG_20200116_112847

Na mañá de hoxe levouse a cabo outra  xornada sobre o alcohol e as drogas no ámbito da seguridade viaria que se impartiu no IES Cidade de Antioquía organizadas conxuntamente entre a DGT e a Concellería de Mobilidade de Xinzo.

O encargado de abrir a charla o alumnado de 4º de ESO foi David Yorente Rey, xefe provincial de tráfico, quen antes da súa intervención comentou  que , este modulo de alcohol e drogas vai dirixido ao alumnado de cuarto de ESO, sendo  específico sobre a condución.

Neste módulo ademais de poñerlle vÍdeos e fotografas reais de sinistros da provincia onde aparecen rapaces e rapazas da súa idade, para comentalo con eles,  tendo en conta que algún deles xa conducen ciclomotores, pero sobre todo o día de mañá, non moi distante, serán condutores.

PROBAS REAIS DE ALCOHOL E DROGAS

IMG_20200116_112919Nas mesmas charlas o alumnado asistente fai unhas probas de alcohol e drogas e cunhas gafas de poden sentir os efectos  que sufre o corpo que inxeriu algunha destas sustancias.

Juan Carlos Nogueiras Iglesias, xefe do destacamento de tráfico de Verín,  un dos poñentes das charlas  di que estas van dirixidas a adolescencia e a problemática coas drogas, sempre abordadas dende un punto de vista da seguridade vial.

GRAVE PROBLEMA SOCIAL

Segundo nos manifestou Juan C. neste momento son máis os positivos que saen en drogas que en alcohol. Hai dias que os positivos en drogas superan os positivos en alcohol

Isto pon de manifesto o grave problema que temos hoxe en día na sociedade, polo que é moi importante alertar ao alumnado neste caso de 4º da ESO como futuros condutores