Noveno abrazo ao río Limia tivo lugar en Ponte de Lima

O mércores e xoves o alumnado de 4º de E.P. de Xinzo trasladouse ata a o veciño país para celebrar o tradicional acto

Alumnado de Xinzo que participou no abrazo
Alumnado de Xinzo que participou no abrazo

Preto dun cento de alumnos e alumnas dos centros de E.P. de Xinzo, Rosalía de Castro e Carlos Casares desprazáronse ata a localidade  irmanada coa nosa de Ponte de Limia para celebrar o encontro tradicional, no que o acto principal é o abrazo ao río Limia (Lima).

43880660_1883583038362437_8699486696481226752_o44061638_1883582915029116_8274214659922329600_o

Dous días de convivencia entre rapaces e rapazas das dúas comarcas co obxectivo de darlle un abrazo simbólico ao río que nos une.A representación do Concello de Xinzo, estivo nesta ocasión a cargo do concelleiro Ricardo Sieiro.  43952779_1883582095029198_2291699230936399872_o  A diferenza coas outras edicións, no que o abrazo soe ser o acto primeiro antes de pasar as visitas e convivencias, nesta 9ª edición o primeiro día adicárono a visitar a localidade de Viana do Castelo on o río é navegable, sendo unha sorpresa para o alumnado de Xinzo, vendo a auga que nestes momentos leva o río ao paso pola nosa vila. Tamén tiveron tempo para facer a visita ao concurso de xardíns da localidade portuguesa.

Despois tocou a convivencia dos “visitantes” da Limia cós de Ponte de Lima compartindo comida cea e descanso, para o día seguinte si facer o abrazo “simbólico” do río, acto principal da convivencia.

O venres  escolares de Xinzo regresaron a vila esperando a primavera do ano que ven, na que os actos do abrazo voltarán a Xinzo.