Xinzo de Limia

"Xinzo de Limia, non podería entenderse sen música"

Sigamos facendo música, para axudarnos a cambiar o mundo

IMG_7106

Ás 17:00 do día de hoxe, e no medio dunha clase dirixida polo director da 2ª edición do Curso de Directores de bandas de música Javier Quinteiro , coa presenza do alcalde de Xinzo Manuel Cabas, dos concelleiros de Cultura, Educación e Obras,  Carlos Gómez, Luís M. Gil e Ricardo Sieiro ademais do responsable da escola José  L. Tielas e do presidente da Asociación  que engloba a   ESMULI, Jaime Collazo, fixeron o acto de inauguración do novo curso de Directores de  Bandas.Curso homologado poal UNED.

Primeiramente  tomou a palabra  José  L. Tielas coordinador xeral da escola, para agradecer ao concello de Xinzo representado naquel momento polas persoas que máis tempo lle levan dedicado a escola en cada unha unha das súas facetas.

IMG_7113Tomou a palabra despois o alcalde Manuel Cabas para comezar a súa intervención dicindo que Xinzo de Limia, non podería entenderse sen a música. Somos Concello de grandes músicos que lograron levar o nome de Xinzo, fora das nosas fronteiras.

Recordou tamén a tódalas formacións que actualmente  conforman o panorama musical na nosa terra.A propia agrupación musical da Limia,  a Coral Sta. Mariña, a Coral Antioquía, as bandas de gaitas que forman a escola municipal, e por suposto o conservatorio profesional da Limia que é referencia non solo na provincia, se non máis aló do noso país.IMG_7118

Finalizou a súa intervención animando a alumnado  e profesorado a seguir traballando  con esforzo e adicación  e seguir facendo música, porque a través dela axudaremos a cambiar o mundo.

A POR O MASTER EN DIRECCIÓN DE BANDAS

Rematou o acto protocolario de inauguración  coa intervención do presidente da Asociación Jaime Collazo, para animar a todos os presentes, alumnos e alumnos profesores, e avogar para que o ano que ven se consiga que o curso, no seu terceiro ano consecutivo adquira a categoría de Master, aínda que ese sexa de dous anos.

IMG_7098

Rematados os actos Javier Quinteiro coordinador do curso continuou coas clases pertencentes a tarde do sábado  asistindo os presentes ata o descanso.