Xinzo de Limia

Comezou o Entroido 2020

A Praza Carlos Casares non puido acoller a todos os que participaron do Petardazo

Segundo os cálculos da Policía Local preto de 5.000 persoas puideron asistir ao Petardazo entre a Praza Carlos Casares e Curros Enriquez. Máis de 20 minutos tardaron os que participaron da festa en desaloxar todos ata a avenida de Ourense e Madrid que por primeira vez se atopaba pechada e custodiada por membros da Benemérita e Policía Local en cada unha das dúas direccións para cumprir o Plan de autoprotección implementado este ano.

Praza 1