Xinzo de Limia

"É UN PROGRAMA AMPLO E COMPLETO, CON MOITAS ACTIVIDADES PARA NENOS E MAIORES"

O ENTROIDO 2017 ESTÁ EN MARCHA

Os membros da comisión organizadora acompañados polo Concelleiro de Festexo e o Alcalde presentaron o programa deste ano 17

IMG_7716

O museo Galego do Entroido foi o esceario para facer a presentación do programa deste ano 2017. Ademais dos membros da comisión encontrábanse membros da corporación municipal, que acudiron a arroupar a presentación ante os medios de comunicación presentes.

O  alcalde Antonio Pérez, quixo en primeiro lugar  agradecer aos presentes a súa asistencia., tamén antes de nada Pérez,  aproveitou tamén para parabenizar aos membros da equipa organizadora "polo traballo feito" porque "non se fan soas". "Agardamos que as críticas que haxa sexan construtivas e non destrutivas, aínda que xa estamos acostumados a todo", afirmou con sorna.

VILA MAIS LIMPA A PODER SER, OBXECTIVO DESTA EDICIÓN

Este ano, como novidade, e para lograr que a vila se manteña o máis limpa posible, decidiuse que se empreguen uns vasos de plástico deseñados para a ocasión para evitar cristais nas rúas e os consecuentes accidentes. "Agardamos que esta nova medida dea bo resultado", dixo Pérez. Tamén destacou o alcalde  a importancia do Entroido para o comercio e a hostalería da vila.

Transmitir a veciños e visitantes a nosa tradición e o respecto á figura da pantalla

IMG_7719

Esta é segundo a portavoz da comisión organizadora o primeiro obxectivo de cara a este Entroido 2017, para elo haberá carteis polas rúas e a praza maior onde se explicará o significado da nosa festa e o respecto a mesma vez e a convivencia, cousas que deberían ir intrinsecamente relacionadas.

Tamén como novidade anúnciase a edición dun libro de entroido no que se poderá, ademais de consultar o programa completo, outras sección como son, artigos sobre o entroido e como se debe vestir e actuar a Pantalla. Miro Cerredelo, tamén coa edición de artigos amenizará con historias o contido do entroido de Xinzo.

1.800 escolares desfilarán o venres 24

 Cada ano son mais os participantes no desfile infantil, que ademais dos centros da comarca únense centros como o de Cualedro e Bande.

Así mesmo os centros CEIP. Rosalía de Castro e Carlos Casares, participaron en talleres, facendo con material reciclado material de adorno para as rúas.

Finalizou o acto , Luis Miguel Gil, quen tamén agradeceu á comisión "o traballo que levan feito dende hai meses". "Trátase dun programa que abarca absolutamente todos os campos", comentou Gil. Afirmou que dende a concellería fixo moito fincapé no tema infantil. 

Con respecto ao orzamento, Gil destacou que hai unha partida da Xunta "que todos os anos hai que pelexar", outra da Deputación e outra do propio Concello. A isto hai que sumar as recadacións por parte de veciños, feirantes e establecementos. "