Xinzo de Limia

1.200 NENOS, NENAS E MAIORES PERCORRERÁN AS RÚAS DE XINZO

Gran desfile infantil mañá venres 21

A partir dás 11:30
ENTROIDO_nenos venres-14
Foto arquivo desfile 2019

O día de Entroido de mañá estará dedicado practicamente aos nenos e nenas ata entrada a noite.

A partir dás 11:30 tomarán as rúas da vila os máis de 1.200 rapaces e rapazas dos centros escolares da Vila e concellos da Limia que se darán cita para o desfile infantil. Estarán tamén os rapaces e rapazas das escolas infantís e as casas niño de Sarreuas e Vilar de Santos.

O desfile rematará cunha chocolatada con doces no Carlos Casares.

ANIMACIÓN NA PRAZA MAIOR

A partir das 18:00 a animación dos peques trasládase a praza Maior onde o grupo Divercóxegas farán concursos con moitos agasallos para todos.

Noite  con  King África

As 23:00 comezará o esperado concerto ofrecido polo mundialmente famoso King África creador de moitas das cancións carnavaleiras para unha vez rematado o concerto continuar a festa coas charangas Manía e Achicoria.