Xinzo de Limia

Xinzo participa no concurso “O MEU ENTROIDO É O MELLOR”

Gadis quere escoller o mellor entroido de Galicia e o de Xinzo atópase entre os 27 que están no camiño de conseguir ese galardón
IMG-20190924-WA0001
IMG-20190924-WA0001

Nós todos, temos a oportunidade de facer que  sexa o millor do mundo,  votando na páxina habilitada pola cadea de supermercados.

O período de elección xa está aberto en www.gadis.es/entroido desde este venres 20 de setembro e finaliza o 30 de novembro. Todas as votacións son online.

Haberá dúas maneiras de participar nas votacións:

  • A primeira mediante o email. Permitirase so un voto por cada dirección.
  • A segunda, vinculada ás compras realizadas na rede de establecementos Gadis durante o período comprendido entre o 20 de setembro e o 30 de novembro de 2019. Cada tícket superior a dez euros dará dereito a un voto adicional.

PREMIOS PARA TODOS

O concello gañador recibirá un premio de 30.000 euros, e haberá tamén dous accésits de 5.000 euros cada un.

Pero iso non é todo, por votar ao mellor entroido de Galicia entrarás no sorteo semanal dun vale de compra de 50€!