Actividades do día internacional da mulleres organizadas pola concellería de Servicios Sociais

Lectura do manifesto as 12:00 na Praza Maior

A Concellería de Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), a Cruz Vermella de Xinzo, a Asociación Limisi únense para colaboran un ano máis para desenvolver a programación de actividades do 8 de Marzo, Día internacional da muller.

O CIM e Cruz Vermella, impartirán unha serie de charlas nos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela, que abordarán por unha banda a explicación sobre o funcionamento da App Agresión OFF da Xunta de Galicia, que contén información útil e consellos para evitar e previr agresións sexuais, e por outra, realizaranse unha serie de dinámicas co obxectivo de potenciar as competencias persoais e técnicas e a reflexión sobre as distintas barreiras e limitacións que teñen ás mulleres.

O día 8 na Praza Maior de 10:30h a 13:00h o CIM, Cruz Vermella, Limisi e a Asociación Española Contra o Cancro, colocarán nunhas mesas de información e sensibilización tratando de darlle visibilidade á situación da muller.

A lectura do Manifesto terá lugar ás 12:00 h.