Xinzo de Limia

Minuto de silencio ás portas do Concello de Xinzo

IMG_1544

Membros da corporación local ,funcionarios e veciños reuníronse para manter un minuto de silencio como protesta e repulsa ante os brutais asasinatos de tres mulleres,nestes últimos días, dúas delas de Galicia.

Dende o día 8 temos a dor de saber que tres mulleres foron vítimas de salvaxes , dúas delas galegas. Dende o inicio do 19 levamos doce e “os salvaxes” seguen campando as súas anchas, salvaxes que non se poden identificar como persoas, porque simplemente son iso “salvaxes”.

Despois destas palabras do alcalde mantívose un minuto de silencio que se rompeu cun aplauso na honra das mulleres falecidas por mor da violencia machista.