Xinzo de Limia

O Concerto de Rosa Cedrón puxo o broche de ouro a campaña XINZO EN MARCHA contra a violencia de xénero

A campaña organizada pola Concellería de Igualdade comezou o 1 de novembro

O Concerto de Rosa Cedrón na casa da cultura de Xinzo chea de público , puxo o broche de ouro a unha série de actos programados  polo Concello dende a Concelleria de Igualdade durante o mes de novembro.

Actos que deron  comezo o dia 16 e remataban onte, cun fermoso e emotivo concerto da grande artista, música e compositora Rosa Cedrón,  acompañada por Miguel Artús ao piano.

 

3

Rosa Cedrón interpretou varias canción dos seus discos Nada que perder, Entre dous mares, así como algún tema con letras de Rosalía de Castro quen de seguro manifestou a alcaldesa que estivo acompañada de varios membros do seu goberno “sería unha loitadora polos dereitos das mulleres si vivira hoxe, porque foi unha adiantada no seu tempo”

Rosa fixo mención a loita das mulleres, a causa feminista e a Igualdade.

Muller e cantante comprometida na loita contra a Violencia de Xénero, foi unha ledicia escoitar a súa voz en Xinzo por unha boa causa. Manifestou Elvira Lama ao finalizar .

8

6