Xinzo de Limia

S.O.S. A NOITE SERÁ VIOLETA

Viste de negro e trae unha luz violeta

Para este venres, están convocadas concentracións en todos os concellos baixo o lema “A Noite será violeta”. A convocatoria a nivel nacional está feita por colectivos feministas como “SOS”; “Luz violeta” “Noite violeta” ou “Emerxencia feminista”.

IMG-20190916-WA0005Todos estes colectivos pretenden dar visibilidade a repulsa de todas as persoas ante a lacra de atentados machistas contra as mulleres que acontecen case a diario no noso pais.

O Concello de Xinzo invita a todos os veciños e veciñas, para que Xinzo non se quede atrás na súa repulsa e que todos esteamos na praza Carlos Casares este venres 20 ás 20:30.