Xinzo tamén celebrou o día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Unha ANADAINA e un manifesto na Casa da Cultura  congregou aos veciños e veciñas

Xinzo tamén celebrou o día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Pasado o mediodía un cento de persoas congregáronse no salón da Casa da Cultura de Xinzo para asistir a lectura do manifesto convocados pola Concellería de Igualdade do concello de Xinzo.

IMG_7767Despois de que a concelleira Silvia, agradecerá tanto a presenza  de todos os que se atopaban na sala, como dos participantes na andaina e por suposto dos que colaboraron en toda a elaboraación dos actos tocoulle a Alfonso, dar lectura o manifesto feito para o día por un dos membros do equipo de traballo da concellería de SS.SS.

No acto , ademais de concelleiros do grupo de goberno participaron os portavoces do PSOE, XA e candidatos do  BNG nas próximas eleccións.

Unha vez rematada a lectura, todos os participantes naa andaina polas terras do mosteiro de Trandeiras, deron boa conta do “tentempié” preparado polos compoñentes da concellería coa axuda de varias empresas de Xinzo e galegas que cederon os seus produtos, para que os camiñantes repuxeran forzas.

IMG-20181125-WA0003