Xinzo de Limia

Charla sobre os cambios na normativa sobre distancias de xestión da biomasa e distancias entre as masas forestais e as vivendas en Xinzo de Limia

A charla será as 11:00 no Auditorio Municipal

PHOTO-2018-05-28-13-28-56
Cartel sobre a charla de biomasa

O xoves día 31 de maio, ás 11 da mañá no Auditorio municipal da Casa de Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar unha charla debido aos cambios na normativa sobre distancias de xestión da biomasa e distancias entre as masas forestais e as vivendas. Dita charla, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Xinzo de Limia e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, terá o obxectivo de informar destes cambios normativos aos cidadáns para que poidan coñecer a normativa, como se aplica e, de paso, dar nocións para protexerse en caso de incendio forestal.

Estes cambios afectan ás distancias de seguridade que é obrigado deixar ó redor das vivendas, núcleos rurais e infraestruturas, delimitando as zonas nas que debe estar o terreo limpo de biomasa (mato e/ou herba), así como as zonas e distancias ás que pode haber arborado, pois a normativa establece diferentes distancias cando se trata de frondosas ou de piñeiros e eucaliptos.

Tamén establece as obrigas da administración tanto autonómica como municipal para facer cumplir a normativa de xestión de biomasa vexetal.

O desexable é que acudan o maior número posible de cidadáns do concello.