Xinzo de Limia

Xinzo de Limia acolleu o Encontro Provincial de Voluntarios da Cruz Vermella

Felipe Ferreiro, presidente provincial da Cruz Vermella, dedicou unhas sentidas palabras a todas as persoas homenaxeadas e agradeceu ás autoridades limiás que acolleran o evento

Instantánea - 259

Cruz Vermella Ourense celebrou onte sábado o seu Encontro Provincial de Voluntariado en Xinzo de Limia, que alcanza xa o seu décimo oitava edición. Tratouse dunha xornada para recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado e para facilitar o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo para axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve a Institución.

IMG_7013

No acto institucional, 13 persoas recibiron un recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense. Felipe Ferreiro, presidente provincial da Cruz Vermella, dedicou unhas sentidas palabras a todas as persoas homenaxeadas e agradeceu ás autoridades limiás que acolleran o evento.

Pola súa banda, o alcalde da vila, Manuel Cabas, lembrou que o carácter voluntario é un dos principios fundamentais de Cruz Vermella, e agradeceu a todos os voluntarios o seu traballa incansable e o seu respecto aos principios da organización. No acto actuou alumnado do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia. O programa do Encontro incluiu tamén unha visita ao Museo Galego do Entroido e unha comida de confraternización en Sandiás, na que o grupo Foliada do Centro Socio-comunitario de Xinzo interpretaron varias pezas de música tradicional galega.

IMG_7073