Xinzo de Limia

Apoio de todos os partidos agás o PP a Elvira Lama

Elvira Lama  do PSdG-PSOE alcaldesa de Xinzo

14.2

Elvira Lama, cabeza de lista do PSdG-PSOE de Xinzo foi proclamada esta mañá alcaldesa de Xinzo cos 8 votos pertencentes a todos os membros que ata agora pertencían a  oposición, e que agora serán o novo goberno de Xinzo, mentres que Antonio Fernández unicamente tivo os do seu propio grupo o PP. Montse Lama,ao final votou tamén a favor de Elvira Lama.

ÁXIL, XA, e BNG, formarán grupo de goberno co PSdG-PSOE

Como xa anunciaran no día de onte, tódolos partidos que compoñen a corporación agás o PP e Cidadáns formarán o goberno que rexerá os próximos catro anos a vida municipal de Xinzo.

Votación en furna e secreto

Instantánea - 367Ante un salón de plenos ateigado e con outras tantas persoas no corredor de entrada e nas escaleiras da consistorial que puideron seguir o pleno nunha pantalla Manuel Cabas e Montse Lama presidiron a mesa de idade do plenario e conducindo o proceso que comezou co xuramento ou promesa de acatar a constitución que todos fixeron con algunha das formas agás o representante do BNG, que o fixo por imperativo legal.

Pasouse logo as votación dos dous candidatos propostos, Antonio Fernández- Toni- polo PP e Elvira Lama  polo resto dos partidos que compoñen o plenario. Os dous representantes de ÁXIL, Amador e Moncho ensinaron a papeleta, recibindo aplausos de todos os presentes. A última en votar foi Montse Lama, concelleira de Cidadáns que taménaínda ensinou o seu voto, pero que ainda que lle deu o seu apoio a elixida, non entra no pacto de goberno subscrito.

Proclamación e primeiro discurso

7Rematado o escrutinio co resultado de 8 votos para Elvira Lama e 5 para Toni, o alcalde saínte físolle entrega do bastón de mando a nova alcaldesa Elvira Lama a cal pasou a presidir o pleno, para posteriormente facer o seu primeiro discurso institucional como primeira mandataria da vila, e primeira muller na historia municipal de Xinzo que ostenta a alcaldía por elección dos membros da corporación.

Rematado o discurso, a xa elixida alcaldesa recibiu as felicitacións, en primeiro lugar dos concelleiros do PP, e despois tanto ela como os concelleiros que formarán o goberno recibiron os parabéns de todos os presentes na consistorial.