Xinzo de Limia

PLENO EXTRAORDINARIO PARA SORTEO DE COMPOÑENTES DAS MESAS ELECTORAIS DO 28 DE ABRIL

IMG_8711
Corporación Municipal 01.04.19

No día de hoxe, (luns 01.04), ás 12:00 celebrouse unha sesión extraordinaria da corporación municipal de Xinzo con todos os seus membros presentes.

O primeiro  punto da orde do día e que levou máis tempo foi o da elección dos membros que teñen formar parte  das distintas mesas electorais de Xinzo.  Como segundo punto da orde do día aparecia a corrección dun erro detectado no decreto de aprobación da liquidación do exercicio económico do 2018.

Ao comezo da sesión e despois da apertura do mesmo o alcalde Manuel Cabas quixo transmitir felicitacións ao ciclista limián Carlos Canal , que xa foi distinguido cun expedente de honra, pola súa vitoria deste fin de semna en Marsella nas series Junior individuais.

Tamén quixo transmitir as felicitacións ao clube EDC Xinzo de Ximnasia polos 8 podiums acadados na competición do fin de semana en Carballiño.

Pasouse logo ao sorteo dos compoñentes das mesas electorais na que non houbo ningún dato importante que sinalar. Recordar que os datos das persoas que formarán parte das mesas como presidentes ou vocais serán expostas ao público para as posibles reclamacións que poidera haber por parte dos nomeados.

Para rematar tomou a palabra a secretaria para dar conta do erro no decreto de aprobación da liquidación do orzamento 2018. Despois da corrección pertinente por parte de intervención resulta que o remanente de tosoureiría para gastos xerais pasaría de 1.402.350,53 a 1.904.191,63.

Coa dazón ao pleno deste novo decreto finalizou a sesión extraordinaria do pleno da vila.