Xinzo de Limia

Clausurado o programa mixto de emprego xuvenil de Xinzo e Baltar

Foi clausurado polo Xefe Territorial de Economía e o concelleiro de Medio ambiente Manuel Cabas

$RCLOEPY
$RCLOEPY

Na mañá do venres 23 de marzo, no salón de actos da Casa de Cultura de Xinzo foi clausurado  o primeiro obradoiro de Emprego mixto xuvenil 2017.

$RB6P4NHTras seis meses de aprendizaxe,  o Xefe territorial da Consellería de EconomíaSantiago Álvarez  e o primeiro tenente de alcaldede  Xinzo  Manuel Cabas,  fixeron entrega aos mozos e mozas dos diplomas  que os acreditan. Durante estes seis meses,  tiveron oportunidade de aprender albañilería e xardinería, como parte principal do curso, recibindo tamén formación en informática, sensibilización ambiental  e de igualdade de xénero. Tamén recibiron formación  de cara a orientación laboral e asesoramento empresarial

PARTE PRACTICA

A parte práctica levárona a cabo en diferentes obras dos concellos de Xinzo e Baltar nos cales puideron por en práctica todo o aprendido durante os meses que durou o obradoiro.