Xinzo de Limia

Nenos e nenas comprometidos coa repoblación de árbores en Xinzo de Limia

As 10:30 h da mañá, plantáronse trinta e tres árbores na Alameda de Xinzo

2018-04-25-PHOTO-00000091
Alcalde, Teniente Alcalde, maestras e nen@s
 

Hoxe, día 25 de abril ás 10:30 da mañá, o Alcalde de Xinzo López Casas, o Tenente Alcalde e concelleiro de medio ambiente Manuel Cabas e uns vinte e cinco nenos e nenas coas súas respectivas mestras do Colexio Carlos Casares, plantaron trinta e tres árbores, máis concretamente fresnos e carballos, en distintos puntos da alameda de Xinzo de Limia.

O obxectivo é que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia que ten o coidado do medio ambiente e da necesidade do seu compromiso para preservar a flora e fauna da zona. Esta acción simbólica forma parte dun programa de repoboación de bosques e parques de Xinzo de Limia. A idea é que, nun futuro, realícense este tipo de labores nos diferentes parques de Xinzo e tamén nas aldeas.