Xinzo de Limia

A biblioteca pública municipal abre de nova as súas portas: so para préstamo e devolución de libros e información

WhatsApp Image 2020-05-18 at 17.54.01
WhatsApp Image 2020-05-18 at 17.54.01

A Biblioteca Pública Municipal Antelana abrirá mañá de novo as súas portas, si ben con restricións e con horario de nove da mañá a dúas da tarde.

Durante o día de hoxe, estiveron a colocarse carteis dentro da biblioteca para dar a coñecer as normas de uso, que van desde a obriga de empregar luvas e máscara e respectar as distancias, á prohibición de facer grupos. Ademais, tamén se instalaron dispensadores de xel hidro-alcólico para as mans e se estableceron zonas de acceso restrinxido.