Xinzo de Limia

Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia

A matrícula permanecerá aberta até o vindeiro 8 de outubro

Por obras de acondicionamento no local da Escola, durante o mes de setembro as clases impartiranse en aulas da Casa da Culturao

IMG-20180907-WA0003

 

Comeza o mes de setembro e, con el, un novo curso académico para a Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia. Mañá luns, día 10 de setembro, inicia o prazo de matrícula que permanecerá aberto até o vindeiro día 8 de outubro. As follas de inscrición deberán recollerse na casa do concello enetregalas cubertas ao inicio das clases.

 

Porén, todas as clases –agás as de percusión– darán comezo o luns, día 17 de setembro. Dende o consistorio informan que, por mor das obras de acondicionamento que se están a levar a cabo no local da Escola, durante o mes de setembro as clases impartiranse en aulas da Casa da Cultura –na Praza Carlos Casares da vila–.