Xinzo de Limia

O alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, recibe ao xefe do Servizo Provincial de Emerxencias

O máximo responsable das emerxencias na provincia de Ourense quixo reforzar os lazos de colaboración coa agrupación de Protección Civil de Xinzo de Limia

_O xefe do Servizo Provincial de Emerxencias, Olivier Reboredo
_O xefe do Servizo Provincial de Emerxencias, Olivier Reboredo

O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, recibiu onte no consistorio a Olivier Campos, xefe do Servizo Provincial de Emerxencias; e a Roi Iglesias, xefe da área de Emerxencias.

Un dos principais asuntos a tratar na reunión foi o funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da capital da Limia, onde se comprometeron a manter a colaboración co concello, mesmo reforzando os lazos. Así mesmo, recoñeceron o traballo do agora rexedor local á fronte da agrupación.

Así mesmo, aproveitaron para convidar ao alcalde antelán ás vindeiras xornadas provincias de protección civil, que terán lugar o vindeiro día 20 de setembro.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia non só actúa na capital da Limia, senon en moitos outros eventos que se realizan en diferentes lugares da provincia.