Xinzo de Limia

Ampliado a prazo para o concurso de relatos, debuxos, fotos e vídeos que documentarán o confinamento en Xinzo

WhatsApp Image 2020-05-21 at 17.24.20

Ante as peticións recibidas, as concellerías de Educación e de Cultura e Mocidade acordaron ampliar o prazo de entrega de traballos para os concurso de relatos curtos (familiar), debuxo (infantil e xuvenil), fotografía (xuvenil e adultos) e vídeo (familiar colectivo), que rematará o 19 de xuño. 

Todos os traballos formarán parte dun fondo documental municipal sobre como se viviu o confinamento no interior das familias e dará lugar tanto a exposicións como a un libro que se publicará cos relatos, debuxos e imaxes que concorran ao concurso.