Imprimir

Amplo programa de conmemoración do 25 N

xinzodelimia.es | 14 de noviembre de 2019

Comezarán este sábado 16 e rematarán o 29 de novembro

IMG_9368.1

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, xunto co director e psicólogo do Centro de Información á Muller e a asesora xurídica deste mesmo centro (CIM), presentou nunha rolda de prensa os actos que, dende a Concellería de Igualdade, se levarán a cabo no Concello a prol da igualdade e pola loita contra a violencia de xénero.

Este sábado, 16 de novembro, abrirá esta serie de actuacións a proxección na Casa da Cultura da película Solo mía, dirixida por Xavier Balaguer no ano 2001 e protagonizada por Sergi López e Paz Vega. Esta é a primeira película sobre violencia de xénero rodada en España, unha trama que puxo os casos de violencia machista nos cines e nos salóns das casas.

Rematada a proxeción haberá un debate sobre a temática co propio diretor da película  Javier Balaguer

Posteriormente, o sábado 23 de novembro ás 18:00h, terá lugar unha charla baixo o título As mulleres que debaten son perigosas no Café Rudy da Praza Maior. Distintas mulleres de diferentes ámbitos, idades, ideoloxías... compartirán testemuñas, vivencias, retos, ameazas e tamén oportunidades para saír desa lacra na que viven pola súa condición de xénero. Formarán parte deste debate xente da avogacía, das forzas de seguridade, profesoras da Universidade, de IES de Secundaria, especialistas en violencia de xénero, a ex -Secretaria de Estado de Igualdade Laura Seara, a Decana da Facultade de Ourense e a Secretaria de Igualdade da Universidade de Vigo.999

O domingo 24 de novembro, establecerase, se o tempo o permite, unha Mesa de Sensibilización na Praza Maior (trasladada á Casa da Cultura en caso de que existan inconvintes meteorolóxicos). Realizarase unha concentración ás 10:00h para levar a cabo un percorrido entorno ao río Limia de dúas horas e media. Unha vez finalizado, sobre ás 13:00h farase unha homenaxe ás vítimas desta violencia no que levamos de ano.

Como colofón final destes actos especiais, e cun marcado carácter feminista, o venres 29 de novembro terá lugar ás 20:00h un concerto na Casa da Cultura de Rosa Cedrón, cantante feminista galega de recoñecido prestixio tanto nacional como internacional.

En palabras do director e psicólogo do Centro de Información á Muller (CIM), son dende abril deste ano xa 56 ou 57 as mulleres que acceden ao centro en situación de vulnerabilidade social. Actualmente contémplase tamén a posibilidade de recuperar a creación de mesas intersectoriais para a prevención integral das vítimas, coa colaboración dos centros de ensino, asociacións de pais, xulgado, forzas de seguridade...

Elvira Lama fixo mención tamén aos fondos do pacto de Estado contra a violencia de xénero, que sendo actualmente de 3.000 euros, esperan poidan multiplicarse por seis o ano próximo para seguir contando con iniciativas que axuden a frear dalgún modo esta lacra social que é a violencia machista e a figura de desigualdade da muller.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/igualdade-e-xenero/amplo-programa-conmemoracion-do-25-n/20191114210259004361.html


© 2020 Xinzo de Limia

Concello de Xinzo de Limia

Rúa Curros Enriquez 15, 32630
Xinzo de Limia, Ourense