Xinzo de Limia

Arrancou a liga Galega de baloncesto pre-infantil para o equipo de Xinzo

Primeiro partido de rivalidade provincial contra o Carmelitas

IMG_7353
Equipo Pre-Infantil feminino 2018/19

As xogadoras do equipo pre-infantil da Escola Municipal de baloncesto debutou na liga Galega enfrontándose a un dos equipos veteranos da categoría, e acostumado a esta competición, o Carmelitas de Ourense. As locais un pouco máis nerviosas nos primeiros minutos do partido  chegaron a ir de 20 puntos abaixo.

Unha vez chegado o descanso e despois da charla do seu adestrador Luís M. gañaron os dous últimos cuartos, pero non tiveron tempo de facer a remontada total perdendo por 52-65.

O equipo que forman Sabela, Raquel, Sabela, Helena, Cris, Paula, Luis(Adestrador) e Angy Lucía, Peque e Patri presentouse a afección de Xinzo cos trofeos acadados na tempada pasada xunto co coordinador  do club,  David, acompañados nesta ocasión tan especial polo alcalde da vila Manuel Cabas.