Xinzo de Limia

Comenzan as obras da Rúa da igrexa

Poñerase unha nova instalación da rede de sumidoiros

IMG_20180509_095129
Obras Rúa da Igrexa

Hoxe comezaron as obras da rúa da igrexa por parte do concello. O Alcalde de Xinzo López Casas e o arquitecto do Concello, visitaron os primeiros traballos realizados pola empresa adxudicataria e resolveron algúns detalles de última hora.

O alcalde expuxo unha explicación técnica de porqué o empedrado da rúa atópase en tan mal estado.

   

O traballo que se levará a cabo despois de levantar todas as pedras, será poñer unha nova instalación da rede de sumidoiros .

Unha vez que se rematen estes primeiros traballos, continuarán co anaco que falta por empedrar ao carón da igrexa.