Xinzo de Limia

Comezan os preparativos para a Primeira Feira do Agro da Limia

Durante cinco días terán lugar dúas feiras monográficas nunha aposta pola agricultura da comarca de Xinzo da Limia como pilar económico fundamental e escaparate de cara a promocións exteriores.

IMG_9260

Durante cinco días terán lugar dúas feiras monográficas nunha aposta pola agricultura da comarca de Xinzo da Limia como piar económico fundamental e escaparate de cara a promocións exteriores.

Elvira Lama estaba nesta ocasión acompañada dos concelleiros de Medio Rural e Promoción Económica e comezou dicindo que once anos despois do último salón monográfico, retómase a intención de situar a Xinzo e á súa comarca no mapa de excelencia agrícola coa realización de dúas feiras: a Feira da Pataca (do 19 ao 22 de novembro) e a Feira da Maquinaria (do 21-24 de novembro). En palabras da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, “tense a intención de que os anos vindeiros estas industrias de transformación e implementación non só industrial do que se produce na Limia, se transforme e poida ser distribuída no territorio nacional e incluso internacional”.

IMG_9249A Feira da Pataca, que se celebrará na Praza Carlos Casares, contará con degustacións durante todos os días do produto de Xinzo por excelencia: a pataca. Ademais, na Casa da Cultura realizaranse xornadas diarias matinais sobre as principais inquedanzas dos agricultores da comarca así como xornadas de marketing e promoción ou unha organizada pola Escola Rural de Saúde sobre as características alimentarias da propia pataca.

Como  concelleiro responsable da área de Medio Rural Amador Díaz comezou a súa intervención manifestando que para min hoxe é un día importante polo feito de que hoxe , por fin, na Limia se van a facer dous eventos moi importantes, tanto pola pataca, piar fundamental da comarca, como da maquinaria.

Este evento ten que ser un escaparate cara o exterior o cal ten un gran valor alí onde vai.

A Limia, continuou dicindo é a despensa de centos de fábricas de patacas fritas que se furten ata o mes de abril do produto estrela desta comarca.

Por outra banda, na Feira da Maquinaria, emprazada no Parque do Toural, farase un recoñecemento ao tractor como maquinaria destacada.

Manuel Pérez concelleiro de Promoción económica anunciou que durante a semana de  celebración da feira, os bares e restaurantes sinalados do lugar contarán con tapas que se poderán consumir a un prezo moi asequible , con premios para as de maior calidade.

IMG-20191105-WA0001