Xinzo de Limia

O Concello activa o plan de mellora de acesos aos pobos empezando por Pidre, Boado e Piñeira Seca

As obras, xa rematadas, afectaron aos viarios de entrada e saída dos tres núcleos e ao que enlaza a OU-1105 coa N-525, moi utilizado para carga e descarga de patacas nos almacéns da zona.

 

WhatsApp Image 2020-06-09 at 12.28.39-2
Os tres responsables municipais, en Pidre.

Os preto de 350 veciños dos pobos de Boado, Pidre e Piñeira Seca xa gozan dos renovados accesos viarios a cada un destes núcleos desde a estrada que une Xinzo con Sarreaus, unha actuación decidida polo Concello de Xinzo e financiada con cargo a unha subvención de 45.700 euros da Deputación de Ourense.

Os traballos de mellora e acondicionamento tamén incluíron a pista que vai dende a OU-1105, Xinzo-Sarreaus, ata a N-525, moi utilizada tamén por vehículos agrícolas para a carga de descarga de patacas nos almacéns da zona.

En total, foron preto de 3,5 os quilómetros de vías rurais renovados cunha actuación que consistiu na reparación das fochancas da estrada e a mellora da capa de rodadura. 

Con esta obra arranca o plan de mellora e acondicionamento de acesos a todos os pobos de Xinzo, que conta con 20 parroquias e 32 núcleos de poboación.

A alcaldesa, Elvira Lama, e os concellas de Medio Rural, Amador Díaz, e Obras, Ramón Gómez, visitaron as obras unha vez rematadas para comprobar o resultado das mesmas.