Xinzo de Limia

O Concello anima a prolongar a homenaxe ao persoal sanitario desde os balcóns substituíndo aplausos por flores e plantas

Convoca un concurso co obxectivo de embelecer a vila e os pobos e mellorar a súa calidade ambiental ornamentando o exterior das vivendas. Os premiados recibirán bonos de compra para gastar no comercio local e o Concello regalará aos inscritos a primeira planta para o seu balcón ou xanela. Bases e documento de inscrición no interior do artigo. Preme aquí para descargar FORMULARIO INSCRICIÓN EN CONCURSO DE BALCÓNS E XANELAS

104704079_10158443040318838_1947776161904845747_n
Reposición de flores xunto a escultura da Pantalla.

En paralelo ao acondicionamento das zonas axardinadas de Xinzo, así como á instalación de novas xardineiras, o goberno goberno local convoca agora un concurso de embelecemento de balcóns e fiestras. A inscrición poderá realizarse dende xa mesmo e ata o 15 de agosto cubrindo un impreso que se pode descargar na páxina web de Concello (www.xinzodelimia.gal) ou solicitalo no primeiro andar da Casa Consistorial, en Información.  A entrega pode realizarse presencialmente en Información ou ben a través do correo electrónico [email protected].

Cada participante, polo feito de inscribirse, recibirá unha planta ata fin de existencias.

Despois de semanas nos que os balcóns e as fiestras de Xinzo foron un espazo diario de apoio ao traballo dos sanitarios durante a pandemia, o goberno local pretende prolongar deste xeito o mesmo espírito durante os meses de verán, substituíndo os aplausos por flores e plantas.

O obxectivo do concurso é tamén o embelecemento da vila a través dos seus balcóns e xanelas, contribuíndo á mellora da calidade ambiental e estética do entorno, tanto na vila como nos pobos, divulgando este costume entre a poboación, especialmente a máis nova.

Trátase, en definitiva, de seguir agradecendo o esforzo aos sanitarios dende os mesmos lugares desde os que ata fai pouco se lle aplaudía cada día e ao mesmo tempo premiar o esforzo e o interese da cidadanía por enfeitar a súa vivenda e contribuír a crear un entorno agradábel e saudable. Todo elo a través da colaboración entre a cidadanía e o Concello.

Con relación ao concurso, premiarse o balcón ou xanela máis bela, debendo utilizarse sempre plantas vivas e visibles dende a rúa polo xurado.

As persoas participantes terán liberdade para embelecer os seus balcóns e xanelas, pero sempre respectando a contorna (vivendas doutros veciños, rúa…) e garantindo a seguridade.

O xurado do presente concurso estará integrado por un representante de cada grupo municipal e por 3 veciños que queiran participar na deliberación. De non haber voluntarios, solicitarase a presencia dun xardineiro titulado. Visitarán os balcóns e xanelas adornadas con flores e plantas durante o mes de xullo e agosto co fin de premiar ao conxunto ornamental máis belo.

Os criterios de valoración será a orixinalidade e creatividade da composición, a calidade ornamental, a harmonía e deseño do conxunto e a laboriosidade.

En canto aos premios, establécense 4, dous para os inscritos da vila e outros tantos para os dos pobos. O premio será o mesmo para os 4 gañadores: un bono de 100 euros para gastar en comercios de Xinzo.

O fallo do xurado e a entrega de premios terán lugar o 30 de agosto.

Preme aquí para ver as BASES DO CONCURSO

Preme aquí para descargar FORMULARIO DE INSCRICIÓN