Xinzo de Limia

O Concello promoverá o turismo e a gastronomía en Xantar

A imaxe principal será o Entroido

entroido
entroido

O Concello  asistirá un ano máis na feira XANTAR cun stand propio, un pouco mais grande que os anos pasados,  no que a imaxe principal será a festa do Entroido que por primeiro ano está declarada de Interés Turístico Internacional.

No stand ademais da festa tamén se aproveitará para promover a gastronomía neste caso o produto estrela da comarca a pataca.

No acto de inauguración, mañá haberá unha degustación de pinchos cuxo principal ingrediente sexan as patacas. Un restaurante da vila será o encargado da degustación a tódolos que pasen polo stand, que lucirá un mural, que ata este momento e segredo, aínda que xa se sabe que o slogan escollido será,  Xinzo, posiblemente o mellor entroido do mundo.

Durante os demais días da feira tamén se poderán degustar patacas fritas elaboradas polas dúas empresas que se dedican en Xinzo a transformación do tubérculo.

A inauguración ademais de todos os membros da corporación municipal está invitado o presidente da Cámara de Montalegre.

Creemos que tanto a hostalaría, como os bares de pinchos, e como non o Concello tíñamos que enxalzar máis o produto da nosa terra, a pataca. (Elvira Lama)